jueves, 23 de abril de 2020

CIENCIAS SOCIAIS: MEDIO FÍSICO DE EUROPA

Vamos a seguir repasando un pouco o medio físico de Europa. Vouvos deixar no correo un cadro cos lagos, mares, océanos, ríos e vertentes que deberíades coñecer; tamén vos deixo un mapa cos ríos e outro mudo. A forma de repaso sería a mesma que vos propuxen para macizos, cordilleiras, chairas e costas. Recordade que as propostas eran:

1º- Se podedes imprimir: imprimides o mapa mudo en tamaño A3, asegurándovos de ampliar o tamaño do mapa a este tamaño de papel. Se non podedes en A4 tamén está ben. Despois trataríase de ir sinalando co dedo os puntos do relevo que vos mando e ir comprobando (polo libro ou mapa que vos envío de Europa cos puntos do relevo) se o facedes ben.
2º- Podedes facer pequenas etiquetas dos puntos do relevo (como as que tiñamos en quinto para España, recordades?) e podedes ir sacando etiquetas e colocándoas no mapa e comprobando ao mesmo tempo. Incluso podedes anotar nun folio ou caderno os acertos e erros para ver o que vades mellorando.
3º- Se non podedes imprimir simplemente mirade o mapa mudo polo ordenador e facede exactamente o mesmo que vos propoño nos puntos anteriores. Incluso, quen queira, se pode animar a debuxalo e practicar despois co mapa.

Recordade que no libro de texto (tanto dixital como impreso) tamén tedes os mapas.

ESPERO QUE VOS SEXA DE UTILIDADE ESTA FORMA DE REPASO!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario