martes, 28 de abril de 2020

CIENCIAS SOCIAIS: MEDIO FÍSICO DE EUROPA

Vouvos propoñer unha tarefa que vos axudará a repasar os climas de Europa e tamén a recoñecelos.
Trátase de indagar e descubrir cal é o tipo de clima agochado tras o climograma que vos propoño realizar.

Para realizar este exercizo vouvos enviar ao correo tres recursos que ides a precisar:
1º- Os climogramas que tedes que colorear para descubrir de que tipo de clima son
2º- Un guión de como realizar a análise do climograma
3º- Un modelo de análise para que teñades claro como hai que describila






Espero que esta actividade vos axude a repasar os contidos dados!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario