Propóñovos un traballo artístico que se combinará co repaso dalgúns contidos de matemáticas, concretamente coas figuras xeométricas planas. A actividade consiste no seguinte:
- Debedes realizar un debuxo que conteña diferentes figuras xeométricas, non teñen por que presentarse enteiras, senón que podes incluir, nalgunhas das figuras, soamente partes.
- Podedes facelo no tamaño que vós queirades: A4, A3, cartolina,....
- Primeiramente tedes que debuxalo a lapis e despois é cando repasades as figuras en boli negro ou rotulador negro fino.
- Hai que usar regla e compás para realizar as figuras
- Unha vez realices os pasos anteriores é cando coloreades ou decorades, pois non soamente se pode facer con cores, tamén podedes usar texturas para reencher as figuras ou o fondo.
- Hai moitos materiais que se poden empregar para realizar as texturas: periódico cortado en anacos, papel pinocho, folios de cores, trozos de revista, óleos ou témperas,.....
Se vos sentides máis seguros podedes enviarme os bosquexos cando os teñades en lapis para despois seguir cos outros pasos.
Dada renda solta á vosa imaxinación!! A ver con que nos sorprendedes a min e ao resto dos compañeiros/as!!!
ESPERO QUE VOS GUSTE A ACTIVIDADE!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario