lunes, 27 de abril de 2020

UN DIARIO NA CUARENTENA

BO DÍA RAPACES/AS!!

Espero que comecedes o luns con moita enerxía.
Esta vez vouvos propoñer a redacción dun diario do confinamento. Recordades que xa fixeramos un en quinto das fins de semana, verdade? O guión que podedes seguir é semellante, pero neste caso non tedes que entregarmo, pois o máis importante é que sexa algo persoal no que poidades expresar o que queirades, así que ten que ser privado. Dentro duns anos gustaravos lelo e saber como estabades e que facíades nestes momentos.
Pasareivos un guión que vos facilitará mellorar na escritura.
Anímovos a que o fagades todos os días, así tamén practicades a redacción, ortografía,...!Preferiblemente debería ser un caderno seleccionado soamente para este fin.
Dentro duns días podedes ir contándome as vosas impresións sobre a experiencia de animarvos a escribir o diario.

No hay comentarios:

Publicar un comentario