Onte comezamos a repasar a publicidade dentro do tema de "A empresa e o traballo". Propóñovos que vaiades ao libro a recordar contidos relacionados con esta temática. Recordade que no apartado de "As empresas" podedes atopar información ao respecto. A maiores déixovos uns enlaces que vos axudarán a enriquecer eses contidos e a recordalos e repasalos doutra maneira. Primeiramente un enlace onde accedendo aos diferentes apartados podedes ir indagando un pouco sobre os diferentes tipos de empresas, a súa organización e o persoal das mesmas:
As empresas
Neste outro enlace explícavos un pouco mellor a parte da organización da empresa (se queredes podedes imprimilo):
As empresas II
Unha vez realizados os pasos anteriores xa podedes contestar ás preguntas que se vos propoñen no seguinte enlace:
Preguntas acerca das empresas
Seguro que oístedes falar da Bolsa. Para adentrarvos un pouco máis neste tema neste enlace podedes ver un vídeo moi cortiño e despois responder a unhas preguntas sobre o mesmo. Vede o vídeo as veces que precisedes para poder contestar despois ás cuestións correctamente:
A Bolsa
No libro (Edubook) de Ciencias Sociais tamén podedes atopar propostas de actividades para repasar estes contidos.
Espero que aprendades algo novo e tamén vos sirva para repasar o que xa sabíades!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario