Na unidade de "A empresa e o traballo", adicástedes unha parte a ver todo aquilo que estaba relacionado co diñeiro, recordades?. Os ingresos, as formas de pagamento, as estratexias de compra,...Sóavos? Imos repasar estos aspectos. Para iso vouvos facilitar o enlace dunha tarefa moi interesante de Aulaplaneta, nela teredes que organizar un ORZAMENTO familiar para unhas vacacións.
Elaboración dun orzamento
É unha actividade completa que vos pode levar algo de tempo. Así que facédea con calma e atención para que vos serva de aprendizaxe. Antes de realizala recordade repasar as partes do libro onde se tratan estos contidos e despois facédea segundo as indicacións que se vos dan. A ver se vos resulta interesante realizala e, ao mesmo tempo, vos serve para repasar contidos dados.
Non será preciso que ma entreguedes.
ESPERO QUE O PASEDES BEN ORGANIZANDO ESE PRESUPOSTO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario