miércoles, 20 de mayo de 2020

CIENCIAS SOCIAIS: A PUBLICIDADE

Recordades que no tema de Ciencias Sociais da "Empresa e o traballo" había unha parte adicada á publicidade. Imos realizar a análise dun anuncio publicitario tendo en conta os aspectos que se recollen no libro para analizar un anuncio. Tedes que ter o libro diante para ler toda a información e ir realizando a análise do anuncio que vos propoño. Será importante que vos queden claros todos os puntos porque nunha futura actividade teredes que realizar o voso propio anuncio!

ANÁLISE DUN ANUNCIO

Para analizar un anuncio hai que ter en conta:

Os elementos da mensaxe

  1.  
    Que se anuncia?
  2.  
    quen vai dirixida?
  3.  
    Cal é o slogan?

As estratexias publicitarias

  •  
    Cor: que cores se usan e por que.
  •  
    Palabras: que función teñen as palabras.
  •  
    Reclamo: que elementos se utilizan para chamar a atención.
  •  
    Outros elementos: fondo, obxectos, fotografías, institución etc.
O anuncio que tedes que realizar seguindo o guión anterior sería o seguinte:
Coma sempre será sumamente importante a presentación e organización da información no escrito:
- Hai que escribir o título en letras máis destacadas e doutra cor.
- Copiar o título dos dous apartados ("elementos da mensaxe" e "as estratexias publicitarias") e de cada pregunta e contestar a cada unha delas de forma completa, clara, sen repeticións,....Podedes escribir enunciados en negro e respostas en azul.
- Evitar as faltas de ortografía usando dicionarios e correctores dos propios textos.
- Escribir recto e deixando marxes.
- Podedes facelo no caderno ou nun word.
- Se queredes podedes engadir o anuncio debaixo do título (copiando o debuxo vós mesmos, imprimíndoo ou pegándoo; como queirades).
Tede en conta todas as indicacións para realizar a tarefa, do contrario xa sabedes que teríades que volver repetila e perdedes máis tempo!!Tamén sabedes que os traballos mal entregados non contan e tampouco sirven de nada!!
ÁNIMO E A FACER UNHA BOA ANÁLISE PUBLICITARIA!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario