viernes, 15 de mayo de 2020

CIENCIAS SOCIAIS: TRABALLO ACERCA DA UE


Para coñecer un pouco máis a UE vouvos propoñer a realización dun traballo. Deixo o guión no correo con todos os puntos e apartados que debedes ir contestando. No mesmo documento aparecen as direccións que debedes consultar para a realización do traballo. Os requisitos para realizalo son os seguintes:


1º- Empregar o propio corrector de word ou dicionarios para evitar as faltas excesivas. 
Dicionario online:
Tradutor castelán-galego (o texto hai que entregalo en galego, de maneira que vos deixo un enlace que vos axudará coas dúbidas):

2º- Podedes facelo en word no ordenador ou no caderno (neste segundo caso hai que copiar todos os títulos dos apartados, subapapartados e enunciados tal e como están na ficha para despois ir contestando).

3º- As respostas danse de forma completa. Exemplo:
Que é a UE? A UE é......

4º- Importantísima a presentación: estamos en sexto e non se poden entregar os traballos de calquera xeito, o que supón:
-boa caligrafía
-liñas rectas nos escritos
-deixar marxes

O traballo hai que realizalo con calma, reflexión e precisión para que saia ben. Non é valido entregar a tarefa sen que siga os requisitos que indico.
Ánimo e a facelo moi ben!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario