martes, 19 de mayo de 2020

CONTIDO NOVO DE CIENCIAS NATURAIS: 4º PARTE DE ALIMENTACIÓN

Imos a seguir avanzando nos contidos de alimentación. Hoxe tócanos continuar coa 4ª parte: froitas, verduras e hortalizas. Na ficha aparece un rexistro de froitas semanais, para cubrilo debe pasar unha semana, pois do contrario non podedes facer ese exercizo en concreto. Así que recordade ir anotando día a día o número de froitas que comedes para despois poder cubrir a táboa da última actividade e enviarme todo dentro dunha semana (non menos).
Déixovos nos correos os arquivos en PDF e word para que escollades o que mellor vos vaia.



ÁNIMO E A APRENDER MOITO SOBRE A BOA ALIMENTACIÓN!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario