Vouvos a propoñer unha técnica para crear poemas, desta forma poderedes continualos sen dificultade e coller soltura na creación de rimas.
No primeiro exercizo debedes crear dúas estrofas máis continuando o exemplo da primeira estrofa. Sería:
-Ratiña, ratiña
-Que?
Tomamos café ás seis
- Non, non, non pode ser
-Ratiña, ratiña
-Que?
......
- Non, non, non pode ser
-Ratiña, ratiña
-Que?
......
- Non, non, non pode ser
Como vedes, soamente tedes que cambiar o verso que aparece con puntos suspensivos nas dúas últimas estrofas. Podedes escribila no caderno, poñerlle título e ilustrala.
No segundo exercizo debedes introducir variacións onde aparecen os puntos suspensivos. Sería:
Toma ti, douche eu,
toma un bico, douche unha flor.
Toma ti, douche eu,
toma un/unha ......, douche un/unha ...
Toma ti, douche eu,
toma un/unha ......, douche un/unha ...
Toma ti, douche eu,
toma un/unha ......, douche un/unha ...
Como no caso anterior podedes facela no caderno, poñerlle título e ilustrala.
Requisitos de presentación:
- Título en maiúsculas e noutra cor.
- Letra clara e lexible.
- Ilustración.
- A estrofa que vén como exemplo tamén forma parte do poema, así que tamén se copia.
-Separación entre estrofas dunha liña: tal e como aparece na estrutura que vos marco arriba.
- Se a facedes en folio hai que escribir recto, deixar espazos entre as liñas e marxes a ambos lados (mellor usar plantilla).
- Se o facedes en ordenador: interlineado de 1,5; tamaño da letra (a excepción do título) de 12.
- É preciso escoller palabras que queden ben no conxunto do poema, ao facer o exercizo xa vos daredes conta de que non todas as que probades quedan ben, así que será preciso probar e escoller.
ESPERO QUE DISFRUTEDES COA CREACIÓN DOS POEMA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario