jueves, 7 de mayo de 2020

LINGUA GALEGA: INVENTAMOS UNHA HISTORIA

Bo día!
Vouvos propoñer a invención dunha historia en Lingua Galega, para elo vouvos a facilitar tres imaxes que debedes incluir na vosa redacción. Recordade que debe conter as seguintes partes:
1º- Introdución: onde se presentan os personaxes, o escenario onde transcorre a historia e a época ou momento no que ten lugar.
2º-Nó: desenvólvese a historia que ten lugar cos personaxes presentados anteriormente.
3º- Desenlace: final da nosa narración, que pode ser cerrada (cando xa non se dá posibilidade de que continúe a historia) ou aberta (cando queda en suspense).
Non debemos presentar unha historia de menos dunha carilla. Tamén debemos ter en conta que debemos evitar comezos como os de "Había unha vez...." ou finais como os de "Foron felices e...". Temos que ser algo máis orixinais nos inicios e finais.
As imaxes son as seguintes e podédelas introducir en calquera parte da historia.


 IMPORTANTE: Coma sempre hai que seguir uns pasos para realizar os nosos escritos
1º- Pensamos a nosa historia e plasmámola nun papel en sucio
2º- Organizamos a historia e comprobamos que non se repitan palabras, que o texto esté ben unido, que sexa un texto coherente, que non teña faltas de ortografía, deixamos marxes e centramos o texto,....
3º- Pasámolo a limpo colocando as imaxes no lugar do texto onde desexemos. Poñemos un título en maiúsculas e máis destacado e comprobamos que ao lelo todo está ben e sen erros.

SORPRENDÉDENOS COAS VOSAS CREACIÓNS!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario