
Ademais de realizar algo plástico sérvenos para repasar contidos de Matemáticas.
Agora vouvos propoñer algo semellante, pero un pouquiño máis complexo; pois é o turno dos corpos xeométricos. Vouvos enviar aos correos un guión cos diferentes puntos que debedes ter en conta para realizar a vosa creación. Primeiramente deberedes pensar na idea e ir desenvolvendo esa idea por orden (tal e como vos indico na guía).
Non é algo para entregar nun día, pois leva tempo realizalo. Se queredes ir ensinándome borradores ou posibles esbozos de ideas para saber se vades por bo camiño estupendo; así asegurádesvos de non cometer erros.
Seguro que realizades creacións moi interesantes.
¡Ánimo e a esmerarse moito nos traballos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario