martes, 9 de junio de 2020

ALIMENTACIÓN: AXUDAMOS A PABLO


Xa rematamos os contidos que iamos traballar acerca da alimentación. Así que agora estades preparados/as para esa tarefa máis complexa que vos prometín e que titulamos: AXUDAMOS A PABLO. É un pouco longa, así que deberedes facela con calma e tranquilidade. Tedes que dominar ben os contidos dados para poder plantexar unhas boas respostas, así que antes de comezar repasade a materia dada e os vídeos que vos facilitara hai xa un tempo. Unha vez repasedes os contidos podedes enfrontarvos á realización da actividade, tendo en conta o seguinte:



- Tedes que xustificar ben todas as respostas dadas.
- Recurride a xustificacións teóricas: non contestedes simplemente en función do que vós pensades.
- Dade respostas claras, con argumentos e contestade de forma completa ás preguntas.
- Facede unha letra clara e lexible, evitando as faltas de ortografía.
- Se tedes dúbidas sobre as respostas que debedes dar recurride á teoría, libros de receitas (cando sexa preciso),...
- Evitade erros ortográficos co dicionario da RAG: 


e co tradutor:


Podédesme pasar os traballos para que vos corrixa, pero deben seguir as indicacións que vos facilito. Tedes de plazo ata o luns da vindeira semana.
Coma sempre, déixovos os arquivos nos vosos correos.

ESPERO QUE APRENDADES MOITO E VOS GUSTE A ACTIVIDADE!

No hay comentarios:

Publicar un comentario