martes, 2 de junio de 2020

CREAMOS O NOSO PROPIO ANUNCIO ACERCA DA BOA ALIMENTACIÓN

Xa que estivéstedes repasando o tema da alimentación e tamén o da publicidade, propóñovos que fagades o voso propio anuncio para motivar á xente a ter unha alimentación saudable. Recordade que no anuncio deberedes ter en conta o aprendido en canto a cores, slogan, debuxo,....A maiores de ter en conta o que xa aprendéstedes (recordade que vos deixei uns enlaces de Aulaplaneta para repasar estes contidos, que tivéstedes que analizar un anuncio e que no libro de texto tedes un apartado no tema de "A empresa e o traballo" adicado a este contido) debedes guiarvos por estas outras indicacións e ideas a maiores:


- Facede un borrador primeiramente para ver como queda a idea, tamaño dos debuxos e letras,....
- Letras do slogan claras, rectas e ben visibles.
- Debuxo traballado (buscade en internet unha vez teñades a idea se non vos sae o debuxo que queredes realizar). Recordade que nun anuncio a parte visual é sumamente importante, de aí que o debuxo debe ser vistoso e ben realizado.
- Podedes realizalo en tamaño folio (A4) ou en A3 (media cartolina ou dous folios unidos)
- Non fagades o anuncio sen ter realizado as actividades previas que vos indicaba arriba (enlaces de Aulaplaneta, repaso do libro de texto e actividade de análise dun anuncio)

ÁNIMO E A PRESENTAR UNS SÚPER ANUNCIOS QUE NOS ANIMEN A TODOS/AS A ALIMENTARNOS BEN!

No hay comentarios:

Publicar un comentario