miércoles, 3 de junio de 2020

EXPOSICIÓN ORAL ACERCA DA ELABORACIÓN DOS CORPOS XEOMÉTRICOS

Como ben sabedes é importante expresarse con corrección e tamén perder o medo para falar en público. Para logralo, o mellor xeito é practicar; así que vos propoño a realización doutra exposición oral, neste caso en relación á elaboración que creástedes con corpos xeométricos. 
A exposición debe conter os seguintes puntos
(IMPORTANTE INCLUÍR TODOS OS PUNTOS NA EXPOSICIÓN)




1. Título da creación e o por que dese título.
2. Corpos xeométricos dos que consta a vosa creación e descrición da mesma (cores seleccionadas, material co que a realizástedes).
3. Montaxe: como está montada (como están colocadas as pezas das que consta).
4. Explicación dos pasos seguidos para a súa montaxe.
5. Dificultade de realización: resultouvos fácil ou complexo rematala e por que.
6. En que vos inspirástedes para creala ou como se vos ocorreu esa idea.
7. Función que ten a obra: artística, decorativa, xogo ou xoguete, instrumental, maqueta dunha posible obra arquitectónica ou escultura,....(con este último punto refírome a si valorades que a vosa creación se podería convertir nun edificio, por exemplo, ou nunha escultura).
8. Lugar onde a colocástedes na vosa casa e motivo polo cal decidístedes situala aí concretamente.
9. Comentar se vos pareceu interesante a realización desta tarefa: si ou non e motivo.
10. Calquera outro aspecto ou anécdota que queirades comentar acerca da vosa obra.

Como vedes o guión ten 10 puntos, así que é imprescindible que antes da exposición fagades un borrador con todos os contidos, despois debedes pasala a limpo e finalmente practicades ata que vos saia ben. Deberíades ser capaz de realizala sen lela, simplemente tendo diante o guión que vos facilito e recordando vós o que debedes comentar con respecto a cada un dos apartados. Podedes practicar diante dun espello para facilitarvos o acabar expoñendo con máis soltura. Unha vez o teñades listo gravádesvos e mandásdema en vídeo ou audio

NOTA: Dado que o guión ten dez puntos a exposición non debera ser moi corta, creo que catro ou cinco minutos, ao menos, teríades que ser capaces de falar sobre este tema.

ESPERO QUE O PASEDES BEN PREPARANDO A EXPOSICIÓN!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario