martes, 14 de octubre de 2025

Estacións de matemáticas

 Estas son algunhas das propostas que estivemos traballando nas estacións de matemáticas durante esta tempada. 

Coas regletas OAOA apoiamos a nosa comprensión das matemáticas:
descomposicións, explotar números, cálculo,...


Empregamos o tangram para compoñer figuras xeométricas, plasmalo nun folio e,
de paso, medir coa regla cada un dos lados.



Aquí estamos co xeoplano. Facemos unha figura e pasámola ao folio da mesma escala.
Pero estamos tamén comezando a pasala en tamaño doble!!


Este é un exemplo de figura realizada no xeoplano en tamaño doble.


Continuaremos con estas estacións e...cando rematemos, imos a por outras!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario