Todas as semanas irei propoñendo dende o blog unha serie de propostas de repaso para que vaiades graduando cada día que facer e vos poidades organizar en función das vosas tardes.
As propostas para esta semana puideran ser:
1. Un tempo de lectura diario: entedendo o que lemos.
2. Repasamos as táboas de multiplicar.
3. Practicamos sumas, restas e multiplicacións: das dúas maneiras que as facemos nas clases.
4. Escribimos un pouco: continuar calquera historia (en galego e castelán). Por exemplo:
- Lucas estaba sentado no banco do parque cando chegou Susana e lle propuxo...
- Estou moi ilusionad@ porque esta fin de semana...
(E así calquera outro comezo que desexedes).
RESPOSTAS A POSÍBEIS PREGUNTAS:
Onde podemos facelas?: nun caderno que teñamos na casa para repasar.
Debo levalas ao cole feitas?: No, son tarefas de repaso na casa, que non tedes que traer ao cole feitas. Cando haxa que traer algo anotamos na axenda e aviso previamente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario