Estas serían algunhas propostas útiles para que poidades repasar estes días polas tardes nas vosas casas:
- Descomposición de números de ata 5 cifras:
Exemplo: 3.450= 3000+400+50+0
- Valor posicional das cifras:
Exemplo: 34.896= 3 DM+4UM+8C+9D+6U
- Cálculo mental: sumar 11 e sumar 9 (coas estratexias ensinadas na aula)
- Táboas de multiplicar
- Lectura diaria e comprensión do lido
- Continuar historias: (ao menos 10 liñas: coidando ortografía, puntuación, sentido do texto,...)
A Lucas cústalle moito facer amigos, así que o seu curmán deulle unha idea:
Me encantaría ir en el puente del Pilar a...
-Repasar os contidos colgados no blog: acentuación e números romanos
- Empregar o reloxo: que hora é?, a que hora nos deitamos?, a que hora estamos ceando?, canto falta para as _______?,.....
- Detectar palabras agudas, graves e esdrúxulas nun texto: clasificalas por columnas, seleccionar as que levan tilde e explicar por que levan tilde.
RECORDAMOS:
- Podemos facelas no caderno que teñamos para repasar na casa.
- Non é preciso traelas realizadas ao colexio.
.png)
No hay comentarios:
Publicar un comentario