jueves, 25 de junio de 2026

RECOMENDACIÓNS VERÁN

 


Quedara de colgarvos unha entrada cunha serie de propostas que poden ser válidas para traballar competencias do curso. Algunhas serían:

1. Escribir diarios dalgún día que nos guste recordar.

2. Inventar historias dándolles un inicio:

- Era domingo cando....

- Meus curmáns e eu estabamos na cociña...

- Aquel día sorprendeume....

É imporntate que escriban oración a oración para acostumarse a poñer puntos e non repetir enlaces durante a redacción.

Tamén convén que ao rematar revisen el@s primeiro o texto antes de que o fagan outras persoas.

Finalmente poden pasalo a limpo a realizar un debuxo do mesmo.

3. Comprensións lectoras con preguntas variadas (tipo test, preguntas de resposta corta, verdadeiro ou falso,....)

4. Cálculo: xogos de cálculo mental coas familias

Operacións básicas con e sen levadas: sumas, restas e multiplicacións.

5. Problemas de dúas operacións.

6. Empregar diñeiro: canto custa a compra, canto me devolven,...(manipular diñeiro).

7. Empregar a balanza, o metro,...Fixarse nos envases da casa: en que medida aparecen, canta capacidade teñen, canto pesan,...

8. Lectura libre.

9. Repasar contidos do curso de maneira online: co blog ou accedendo a worwall e buscando o que nos interese.

10. DISFRUTAR, RIRSE MOITO, DARSE AGARIMOS, VIVIR AVENTURAS, REENCONTRARSE CON SERES QUERIDOS,....FELIZ VERÁN!!

OBRA DE TEATRO



 Ao final logramos representar a obra de teatro organizada en Proxecto Competencial para o resto do cole. O traballo non foi doado: pensar a trama, personaxes, escenario, vestimenta,...Darlle forma de maneira escrita e representala. Logramos poñer todo en marcha e creo que gustou moito ao noso público. Aquí tedes algunha mostra:





Obra na biblioteca








O carballo cos animais no río e o coello escondido no carballo



O coello é convidado a bañarse no río co resto, pero non quere


Hai lume no carballo



                                                                O coello foxe do carballo hacia o río



Os animais axudan a apagar o lume coa auga do río


Subida en curso: 403161 de 403161 bytes subidos.
Os animais, extenuados despois de apagar o lume, voltan ao río a darse un chapuzón












ACTIVIDADE DE ORIENTACIÓN

 Aquí deixo unhas fotos da actividade de orientación realizada no patio do colexio:













Espero que con esta actividade lograramos situar no patio os puntos cardinais!!

martes, 2 de junio de 2026

OS INVENTOS AO LONGO DA HISTORIA


 Imos realizar un pequeno traballo de investigación dos inventos ao longo da historia. Dos listado que nos aparece nesta páxina buscaremos os seguintes e teremos que situalos na liña do tempo. Imos alá:

Inventos ao longo da historia

Buscaremos os seguintes: engranaxe, tesoiras, avión, a roda, o arado, máquina de vapor, o automóbil, fonógrafo e a computadora.


E aquí temos a liña do tempo para saber en que etapa situalos:

Liña do tempo

Espero que aprendades moito!!