jueves, 25 de junio de 2026

RECOMENDACIÓNS VERÁN

 


Quedara de colgarvos unha entrada cunha serie de propostas que poden ser válidas para traballar competencias do curso. Algunhas serían:

1. Escribir diarios dalgún día que nos guste recordar.

2. Inventar historias dándolles un inicio:

- Era domingo cando....

- Meus curmáns e eu estabamos na cociña...

- Aquel día sorprendeume....

É imporntate que escriban oración a oración para acostumarse a poñer puntos e non repetir enlaces durante a redacción.

Tamén convén que ao rematar revisen el@s primeiro o texto antes de que o fagan outras persoas.

Finalmente poden pasalo a limpo a realizar un debuxo do mesmo.

3. Comprensións lectoras con preguntas variadas (tipo test, preguntas de resposta corta, verdadeiro ou falso,....)

4. Cálculo: xogos de cálculo mental coas familias

Operacións básicas con e sen levadas: sumas, restas e multiplicacións.

5. Problemas de dúas operacións.

6. Empregar diñeiro: canto custa a compra, canto me devolven,...(manipular diñeiro).

7. Empregar a balanza, o metro,...Fixarse nos envases da casa: en que medida aparecen, canta capacidade teñen, canto pesan,...

8. Lectura libre.

9. Repasar contidos do curso de maneira online: co blog ou accedendo a worwall e buscando o que nos interese.

10. DISFRUTAR, RIRSE MOITO, DARSE AGARIMOS, VIVIR AVENTURAS, REENCONTRARSE CON SERES QUERIDOS,....FELIZ VERÁN!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario