lunes, 8 de mayo de 2023

ADELINA E O SEU HORTO ECOLÓXICO

 
O outro día recibimos a visita de Adelina, da que seguro que aprendéstedes moitos aspectos acerca das plantas e os seus coidados. Ela é unha boa coñecedora da horta e os "mimos" que a mesma require para dar uns froitos ricos e sans. Ao mesmo tempo coñece ben o clima e como o mesmo afecta ás recoleccións das froitas, verduras, hortalizas,...Tamén vos falou de como os produtos que escollemos teñen unha acción directa no noso metabolismo e saúde. De maneira que o que veu a ensinarnos é moito máis que unha "planta bonita", nunca mellor dito.

Espero que disfrutarades da visita e que aprenderades algunha lección aplicable no voso día a día.


No hay comentarios:

Publicar un comentario