martes, 9 de diciembre de 2025

JINGLE BELLS!! CHEGA O NADAL E O FESTIVAL!!

 
No meu ansiado desexo de que todo teña un porqué seleccionei esta interpretación da famosa canción de Jingle Bells polo coñecido grupo galego Broken Peach.




Como sabemos, este ano adicamos o PDI ao mellor coñecemento dos nosos bosques e a tratar, coa formación nos mesmos, de crear mentes que axuden a preservalos, coidalos e respectalos. Por iso adicaremos unha parte da función a "lanzar" as nosas mensaxes especiais para este Nadal (que oxalá se convirtan en desexos concedidos!!) e, despois delas, celebrámolo con esta canción á que lle puxemos unha coreografía. Pero o feito de que se escollese ese vídeo non é ocasional...trátase dun vídeo realizado nun espazo natural, coñecido por tod@s e que a rapazada une á diversión nun espazo libre e rodeado de natureza, un lugar no que disfrutar do medio natural respectándoo, coidándoo e observando o que temos ao noso carón, para aprecialo, valoralo e chegalo a sentir como unha parte de nós, unha parte das nosas vivenzas da infancia, da nosa vida!. De aí que se escollese este e non outro!!! Porque a veces todo ten un significado se observamos con atención!

Jingle Bells

Espero que o disfruten os nen@s, as familias e tod@s aqueles que queiran ser partícipes da nosa especial mensaxe de NADAL!

No hay comentarios:

Publicar un comentario