lunes, 19 de enero de 2026

ACUICULTURA. VISITA DE IRIA

 Tivemos no día de hoxe unha charla moi especial relacionada coa acuicultura e máis concretamente centrándose no cultivo da ostra. Iria deunos unha charla moi interesante e amosounos vídeos para coñecer mellor o cultivo deste bivalvo e sensibilizarnos acerca da importancia de coidar o medio ambiente para protexer o ecosistema tan sensible no que se desenvolven. Rematamos a sesión reproducindo no interior das valvas orixinais das ostras o molusco, do que coñecemos as súas partes.










Grazas Iria por compartir connosco os teus coñecementos e experiencias!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario