Por fin puidemos celebrar a carreira solidaria que xa forma parte dunha actividade tradicional dentro do noso centro con motivo do día da PAZ. O alumnado do C.E.I.P. Noalla Telleiro correu no pavillón para recordar a nosa axuda á asociación benéfica Save the Children. Un ano máis esforzáronse por dar voltas no percorrido marcado, sabendo que o facían cun motivo: axudar a aqueles que máis o precisan!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario