Como xa sabedes, hoxe fomos ata o concello de Ribadumia para realizar a ruta da Pedra e da Auga ata a aldea labrega galega. Polo camiño atopamos moitas das árbores, arbustos e flores que queriamos recoñecer no lugar. Por nomear algunhas vimos: ameneiros, aveleiras, salgueiros, carballos, castiñeiros, sabugueiros, fentos macho e femia, margaridas amarelas, trébol de oso,...
E ata tivemos a sorte de que nos amenizaran a visita á aldea co son dunha gaita que nos acompañou todo o tempo que estivemos alí.
Deixo aquí unhas fotos do noso percorrido:
Espero que o pasarades ben a aprenderades moito!







No hay comentarios:
Publicar un comentario