Recordades que hai uns días vos deixaba no blog uns vídeos acerca das etapas históricas. Agora é o momento de facer unha liña do tempo como esta:
Propóñovos que o fagades nun folio (colocándoo en horizontal) ou en media cartolina (tamén colocándoa en horizonatal). A idea é que copiedes o modelo tal como está e busquedes as imaxes para despois pegalas no voso traballo. A medida que o facedes fixádevos nas datas de inicio de cada etapa histórica e nos nomes de cada unha delas.
Para que vexades mellor a liña do tempo déixovola nos correos.
Tamén aproveito para propoñervos unhas breves preguntas acerca dos vídeos compartidos o outro día.
NOTA: Podédesme mandar a liña do tempo para ver como vos quedou. As preguntas, sen embargo, son de autocorrección (enviareivos as respostas se tedes interés en comprobar se as realizástedes correctamente).
A SEGUIR TRABALLANDO MOITO PARA APRENDER MÁIS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario