miércoles, 10 de junio de 2020

NOTICIAS DE PRENSA


Imos a ler algunha noticia de prensa, para iso vouvos deixar un enlace de Aulaplaneta onde, primeiramente, ides ler un fragmento da novela de O misterio de faro vello de Fina Casalderrey. Fixádevos en que hai unha pestana que vos deriva á comprensión sobre o texto. Recurride tamén a consultar o léxico que vén noutra das pestanas e facede a parte de practica (que vos deriva a unha noticia de ciencia titulada:  Milleiros de peixes mortos na contorna da illa de Toralla). Eu recomendaríavos que fixerades as preguntas de compresión e practica no caderno respostando de maneira completa e recordando que non debedes comezar as respostas con que ou porque. Para acadar unha boa presentación debedes poñer títulos en negro, copiar os enunciados e contestar en azul ás preguntas. Tamén é moi importante que vos acostumedes a usar os dicionarios online para facer consultas.


NOTA: Quenes fagades a tarefa deste xeito que vos comento podedes pasarma para revisión.

ÁNIMO E A TRABALLAR MOITO!


No hay comentarios:

Publicar un comentario